Memoria 2005

Introducción

O segundo ano de Galicia Acolle ven marcado a nivel gubernamental por un acontecemento que marcou a dinámica da asociación durante todo o ano: O proceso de normalización.

O feito de que a RED ACOGE fora nomeada entidade colaboradora e que o funcionamento da asociación sexa por voluntariado esixiu un esforzo suplementario que os voluntarios de GALICIA ACOLLE realizaron extraordinariamente.

Pero que este feito absorbese gran parte dos nosos recursos non impediu a segunda labor. Avaliación e organización.
Galicia Acolle medra, e evoluciona, e preciso facer un alto e avaliar as nosas actuacións e sobre todo camiñar; camiñar cara unha atención mellor e máis continuada e chegar alí onde sexamos necesarios e se nos chame.

Temos un novo reto cara o ano 2006, e temos que estar a punto: atender en Vigo, unha nova realidade, unha cidade moi diferente a Santiago e con unha gran presencia de inmigrantes.

Se a avaliación mostra todos aquelas partes que temos que mellorar tamén da os azos precisos para mirar cara diante e por novas ideas e proxectos en marcha.

Galicia Acolle mira e traballa cara diante con esperanza e ánimo e sobre todo agradece aos voluntarios e colaboradores a súa confianza e tempo.

A DIRECTIVA

I. MEMORIA DA ÁREA DE FORMACIÓN, CONVIVENCIA INTERCULTURAL E VOLUNTARIADO

Formación e convivencia intercultural

Durante o ano 2005 comezouse cunha experiencia de intervención nun dos barrios que concentra maior número de persoas inmigrantes: o Barrio de San Pedro.

Empregando os recursos establecidos no mesmo (asociacións de veciños, plataforma de barrio - que reúne asociacións xuvenís, culturais, etc. -, e centro sociocultural, de titularidade municipal), traballouse con veciños do mesmo no tema da comunicación intercultural, e a prevención de actitudes racistas e xenófobas, mediante charlas informativas, así coma o estudo dos propios prexuízos e estereotipos, ademais de articular espazos e tempos concretos de encontro intercultural.

Asesoramento a centros educativos

En xeral, o asesoramento canalízase a través dos orientadores dos centros de ensino público de toda Galicia, tanto de Educación Primaria coma de Secundaria. Neste sentido, cómpre destacar que é nesta segunda etapa educativa onde se veñen realizando a meirande parte das consultas.

Aínda que as demandas son moi variadas, hai tres recorrentes:

  • - Aquelas relacionadas co idioma e a inmersión lingüística. A penas demándase o idioma galego, sendo o castelán a prioridade nos centros educativos.
  • - Dificultades de tipo curricular. En xeral, o profesorado quéixase do baixo nivel académico do alumnado estranxeiro.
  • - Sistemas educativos do países de orixe. Neste sentido, Galicia Acolle ven de elaborar breves informes sobre os devanditos sistemas, a medida que se van solicitando.

Continuando coa colaboración coa Consellería de Educación, temos participado en encontros con equipos directivos de centros educativos de titularidade pública. Para estas ocasións, elaboramos unha sinxela folla informativa onde destacamos a oferta de recursos que ofrecemos aos centros de ensino.

Tamén no ensino privado e concertado Galicia Acolle realizou actividades de sensibilización, a través de titorías. A maioría delas englobáronse dentro do proxecto "VECINOS", subvencionado polo Concello de Santiago de Compostela.

Universidade de Santiago de Compostela:
Master en Cooperación Internacional e Voluntariado

Un ano máis, GALICIA ACOLLE colaborou coa Universidade de Santiago impartindo o módulo de INMIGRACIÓN no Máster en Cooperación Internacional e Voluntariado.

Programa

PRIMEIRA PARTE: A inmigración

  • 1. Definindo a inmigración
  • 2. Tipos de migracións
  • 3. Dinámicas migratorias
  • 4. Breve historia das migracións
    • 4.1 Situacións rexionais
  • 5. Causas das migracións
  • 6. A realidade da inmigración
  • 7. Situacións administrativas dos estranxeiros en España
  • 8. Políticas migratorias

SEGUNDA PARTE: As persoas inmigrantes

  • 9. O obxectivo da intervención con inmigrantes: a integración
  • 10. Dificultades para a integración. A percepción do outro. Estereotipo, prexuízo e discriminación
  • 11. A comunicación intercultural. Elementos perturbadores e claves para superar os obstáculos
  • 12. Principios de traballo con persoas inmigrantes
  • 13. A acollida
  • 14. O caso dos menores de familias inmigrantes
  • A separación
  • A reunificación
  • Fase de adaptación
  • Factores que inflúen nunha resposta satisfactoria á nova situación
  • A identidade
Universidade de Santiago de Compostela:
Xornadas Voluntariado e Interculturalidade

GALICIA ACOLLE coorganizou, os días 6, 7 e 8 de maio unhas xornadas baixo o título "Voluntariado e Interculturalidade", en colaboración co Servizo de Voluntariado da USC, e a Fundación Secretariado General Gitano.

Proxecto Alierce

A asociación participou, asi mesmo, na formación e capacitación profesional no sector de atención ás persoas, de alumnado do proxecto Alicerce, auspiciado polo Concello de Vigo, onde se lles introduciu nos aspectos básicos relacionados coa inmigración no estado español e, máis concretamente, na Comunidade Autónoma de Galicia.

II. MEMORIA DA ÁREA XURÍDICA

O ano 2005 foi especialmente completo no que se refire as tarefas da área Xurídica que estivo especialmente marcado polo proceso de normalización realizado polo ministerio de traballo e inmigración na primavera deste ano.

Galicia Acolle, como asociación pertencente a Red Acoge, foi nomeada entidade colaboradora no proceso mediante un convenio.o que supuxo unha carga de traballo considerable.

Na táboa da páxina seguinte exponse o perfil do inmigrante atendido durante o proceso de normalización.

Para a realización de dito traballo realizouse a contratación temporal dun avogado de entre os voluntarios da asociación de forma que se garantiu unha atención continuada e profesional.

A atención destes casos non se cinguiu a este tempo senón que continuou todo o ano. Isto representa a maioría das tarefas desenvoltas por este área no 2005 que a maiores atendeu a 16 persoas máis sendo 11 de Vigo e 5 de Santiago.

III. MEMORIA DA ÁREA SOCIAL

Dada a situación peculiar deste ano dentro do proceso de atención a persoas inmigrantes, que veu marcado fundamentalmente polo proceso de normalización, a área social marcou os seguintes obxectivos:

  • - Visto a importancia que acada neste ano o proceso de normalización óptase por prestar axuda á área xurídica sen prexuízo de atención social dos mesmos casos.
  • - Poñer en marcha o sistema de inserción laboral.
  • - Realizar unha planificación de funcionamento da área social.
  • - Programar e deseñar os proxectos das convocatorias para o 2006.

Con estes catro obxectivos interveuse en cada caso dos atendidos de xurídica realizando primeiras entrevistas que servían para detectar outras necesidades a maiores das legais e servir de filtro para os avogados.

A inmensa maioría dos inmigrantes acollidos non querían (nese momento) ningún tipo de información sobre algo que no fose o meramente administrativo.

A realización do manual de funcionamento - memoria do áreal social foi un traballo de avaliación da traxectoria, necesidade e medios da entidade e unha proposta de funcionamento de cara o futuro, e nel se propoñen os proxectos a cumplimentar para o ano seguinte que son principalmente financiados polo Ministerio de Traballo e Inmigración

  • · Sistema de Atención Jurídica Integral (SAJI) diseñado para o área xurídica e financiado pola Fundación Taller e solidariedade.
  • · Dirección General Inmigraciones (DGII): Programa de información e asesoramiento y atención.
  • · MTAS-IRPF: Servizo de Acercamiento a Recursos: SAR

Os dous primeiros foron aceptados e poñeránsse en marcha no 2006 o primeiro en atención xeral e o segundo en Vigo.