Memoria 2005
Introducción
Formación
Xurídica
Social
Fins específicos
1. A defensa dos dereitos laborais, sociais ou de calquera índole das persoas inmigrantes.
2. Información, orientación e asesoramento que posibilite ás persoas inmigrantes a súa integración, ou no seu caso, reinserción na nosa sociedade.
3. Facilitar ás persoas inmigrantes o acceso ós servicios sociais, xurídicos, sanitarios, de vivenda, educativos, culturais, de ocio, etc.
4. Promoción da igualdade de oportunidades das mulleres inmigrantes.
5. Promover asociacións de inmigrantes para que eles mesmos cheguen a asumi-lo protagonismo da súa acción.
6. Dar a coñecer á opinión pública a situación da persoa inmigrante a través de calquera medio de difusión, xerando así canles de solidariedade.
7. Promove-la coordinación e colaboración dos distintos organismos e asociacións que se interesen por esta realidade.
8. Realizar actuacións a nivel autonómico aprobadas pola Asemblea Xeral da Asociación.
9. Promover e proponer ante as Administracións Públicas posibles solucións ás necesidades dos inmigrantes estranxeiros na Comunidade Autónoma.
10. Realizar actividades de sensibilización a través da Educación para Desenvolvemento co fin de achegar a realidade dos países do Sur á sociedade de acollida.
11. Aqueles que xurdan dunha continuada análise da realidade, encamiñados sempre á mellora da situación das persoas inmigrantes.
