Actividades

Para o cumprimento dos fins específicos de Galicia Acolle realízanse as seguintes actividades, englobadas en diferentes áreas de traballo que serán desenvolvidas no Regulamento de Réxime Interno.
  • - Servicio de acollida, encargado da primeira atención, información e orientación ó inmigrante, que despóis derivarase, se é necesario, a outros programas.
  • - Asesoramento xurídico nos diferentes procesos administrativos.
  • - Representación legal dos inmigrantes para os seus procesos contenciosos.
  • - Acompañamento ás oficinas de estranxeiría, cando se vexa necesario.
  • - Detección e documentación brotes xenófobos ou racistas para a súa denuncia.
  • - Apoio ó aloxamento e ó mantimento dunha vivenda digna.
  • - Promoción da saúde a través de campañas de concienciación e derivación á sanidade pública.
  • - Atención a reclusos, intervención individualizada e grupal nos centros penitenciarios.
  • - Promoción cultural e educativa de nenos e xóvenes inmigrantes, con intervención nas escolas, clases de lingua e cultura de orixe e apoio extraescolar.
  • - Formación sobre inmigración e interculturalidade para profesionais, tanto do eido público coma privado (profesorado, funcionarios das administracións públicas, sanidade, traballadores sociais, educadores sociais, avogados, etc..).
  • - Promoción socio-laboral, para a mellora da situación laboral dos inmigrantes a través da formación ou do apoio a iniciativas de autoemprego.
  • - Promoción cultural de adultos inmigrantes, adicado fundamentalmente ás clases de linguas e culturas da sociedade de acollida.
  • - Sensibilización da sociedade sobre o feito migratorio, promovendo valores, denunciando realidades e reivindicando actitudes de coñecemento, respecto e intercambio cultural.
  • - Convivencia Intercultural, a través da creación de espacios que favorezan o intercambio, o coñecemento e o encontro entre culturas.
  • - Xestión dun Centro de Recursos, encargado de recopilar, elaborar e difundir materiais de apoio e de sensibilización.
  • - Relacións cos medios de comunicación así como propaganda e difusión cara ao exterior.